¡Instala el Widget de Concursos para ver los concursos directamente desde tu web o blog!

ORGANIZACIÓN DE PRODUCTORES PALANGREROS GUARDESES

 

IV CERTAME LITERARIO X.C. GÓMEZ ALFARO

 

 “HOMES E MULLERES DO MAR”

 

A Organización de Produtores Palangreiros Guardeses (ORPAGU), en colaboración coa Editorial Galaxia, con desexo de promocionar a literatura galega e iniciar aos mais cativos no mundo literario, convoca a cuarta edición do certame literario “HOMES E MULLERES DO MAR”.

 

Este premio poderá ser alcanzado por todos os autores e autoras cun relato curto escrito en lingua galega concorde coa idade, tema e valores sinaladas nas bases do concurso excepto as persoas gañadoras de edicións anteriores.

 

IDADE

 

  • De 10 a 12 anos.

 

TEMA

 

  • “Homes e mulleres do mar”

 

PARTICIPANTES

 

  • Nenos e nenas de 10 a 12 anos de toda Galicia.

  • A persoa premiada non poderá participar na edición consecutiva.

 

MODALIDADE E CATEGORÍAS DOS RELATOS

 

  • Unha única modalidade na que inclúa o idioma galego.

  • Cada participante só pode presentar un escrito.

  • Os traballos presentados terán unha extensión mínima de dous folios e máxima de seis.

  • Formato de texto, arial 11 a dobre espazo e por unha soa cara.

  • Deberán ser orixinais e inéditos, polo que non se terán en conta aqueles que xa fosen presentados e premiados en outros concursos.

  • Os traballos presentados deberán ser de ficción, polo que o xurado non admitirá ensaios ou redaccións sobre o tema proposto.

 

ENTREGA DOS RELATOS

 

  • Os relatos en formato papel presentaranse na oficina da Organización de Palangreiros Guardeses (OR.PA.GU.) na dirección calle Manuel Álvarez, 16 (baixo), C.P.36780 A Guarda (Pontevedra) en horario de 09.00 h a 14.00 horas de luns a venres.

  • Os relatos entregaranse en formato papel dentro dun sobre cerrado, POR TRIPLICADO e sen asinar.

  • Axuntarase outro sobre cerrado que conterá no seu interior o nome e apelidos, idade, dirección, correo electrónico e teléfono do autor.

  • No exterior de ambos sobres deberá constar a referencia do concurso “Homes e mulleres do Mar” e titulo da obra.

 

PRAZO DE ADMISIÓN

 

  • Dende o 01 de abril ata o 30 de abril.

 

PREMIOS

 

  • Unha tablet, un galardón e un lote de libros da Editorial Galaxia.

  • A entrega do premio será nun acto que se celebrará o día 01 de xuño na sede da Organización.

 

XURADO

 

Teremos o privilexio de contar cos seguintes escritores, que valorarán a orixinalidade que propoñan os relatos presentados, así como un estilo e calidade narrativa.

 

Raquel Castro (Alxén Salvaterra de Miño – Pontevedra. 1971): Licenciada en Filoloxía galego-portuguesa e Filoloxía Hispánica dá clases de educación secundaria. En 1999 fundou a Asociación Teatral de Alxén da que é presidenta e comezou a dirixir o grupo de teatro Ata Sempre de Alxén de dita asociación. Escribe as pezas dos dous grupos que pertencen á Asociación, infantil e adultos. Tamén escribiu pezas para o grupo de teatro do CEP Carlos Casares de Alxén. É secretaria da Asociación Cultural e Folclórica Os do Eido de Alxén e da Escola de Xadrez de Salvaterra de Miño.

 

No IES Ribeira do Louro, onde traballa, coordina o Premio Roberto Vidal Bolaño de Teatro que se convoca en colaboración coa Editorial Galaxia e o Concello de O Porriño. Neste mesmo centro dirixe un grupo de teatro de alumnos e alumnas da ESO.

 

 Entre os seus premios, atopase o Premio de Honra nos premios Estornela de Teatro que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas coa obra As terapias da doutora Ledicia.

 

Manrique Fernández (Sistallo – Cospeito – Lugo. 1965): Licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, traballou en Galicia en distintos medios de comunicación. Entre 2002 e 2017 exerceu de director-xerente da Fundación Rogelio Groba. Froito da colaboración co compositor naceron diversos traballos, como a súa biografía autorizada, “Meditacións en branco e negro” (Xerais, 2000); ou libro de conversas “Diabolus in musica” (Galaxia, 2011). Tamén xurdiron outras colaboracións como letrista dalgunhas das súas composicións: as óperas “Floralba” e “Pedro Madruga. O noso Rei”, unha ópera infantil (adaptación do conto de Charles Perrault “O gato con botas”), a cantata “Corpus en Ponteareas”,  o réquiem “Samaín. Réquiem galego”,  e varias cancións.

 

O libreto da ópera “Floralba” e máis un poema longo que a inspirou, foron recollidos nun volume co mesmo título (Egasur, 1999); pouco máis tarde publicou tamén o libro “Ponteareas máxica. Mitos, ritos e lendas” (Asociación de Comerciantes de Ponteareas, 2002). Ademáis é autor da colección de relatos “Crónicas de Embora” (Toxosoutos, 2014), a novela “Tres feridas” (Belagua, 2015), e a obra de teatro infantil “Hermes, aprendiz de mago” (Galaxia, 2017).

 

Na actualidade escribe un blog con recensións literarias («O meu andel») e colabora co Concello de Ponteareas na organizaión de actividades culturais, como o ciclo «Venres D_letras».

 

Diego Giráldez (O Porriño- Pontevedra. 1976): Leva toda súa vida profesional vinculado ao xornalismo. Dirixiu distintos xornais e revistas, colaborou como columnista de opinión en medios como A Nosa Terra, A Peneira ou Xornal de Galicia, e, a través de reportaxes culturais, con El País. Na actualidade escribe para o diario dixital Praza Pública e a Revista Luzes e dedícase profesionalmente á comunicación corporativa.

 

Licenciado en Historia da Arte, ten varios traballos publicados que van dende a arquitectura ata a historia económica. Sen renunciar á creación literaria, con vinte anos participou, canda outros autores, no poemario “Baldío”. Máis tarde, en 2016, saía á luz o seu libro “Galería de saldos”, o seu primeiro traballo literario de narrativa. Este libro de relatos valeulle o aplauso unánime de crítica e público, sendo elixido “Autor galego do ano” polo lectorado da revista Fervenzas Literarias.

 

En 2010, gañou o Premio Literario “José Saramago” de relato curto. Ese mesmo ano recibíu no seu pobo o Premio Círculo “Cultura”. En 2015, fíxose co primeiro accésit do Certame Nacional de Narracións Breves “Modesto R. Figueiredo” e un ano despois gañaba o prestixioso premio literario “Manuel Murguía”. O seu último libro publicado é a novela «Hotel para coleccionistas discretos”.

 

FALLO

 

  • Será publicado o día 14 de Maio do 2018, na páxina web da Organización de Palangreiros Guardeses (http://www.orpagu.com)

 

OBSERVACIÓNS

 

  • Para calquera consulta sobre o concurso ou as súas bases, pode dirixirse a seguinte dirección de correo electrónico: [email protected]

  • A Organización reservase os dereitos de reprodución gratuíta dos relatos presentados, citando sempre o nome e apelidos do autor ou autora.

  • As obras serán validadas pola organización do concurso, reservándose o dereito de non facer públicas aquelas obras que se consideren non adecuadas ao espírito do concurso por diversos motivos, como pode ser por contido ofensivo.

  • As obras non premiadas serán arquivadas ou destruídas pola Organización, garantindo así que non se fará ningún uso indebido do seu contido. Se o autor/a o indicase expresamente no momento da inscrición, devolverase a súa copia.

  • O feito de participar supón a total aceptación das presentes bases, así como a decisión do xurado.

  • A Organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas bases.

  • A Organización de Palangreiros Guardeses, en cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informa que os datos persoais que Vd. nos proporciona, serán engadidos no ficheiro CERTAME LITERARIO X.C. GÓMEZ ALFARO“HOMES E MULLERES DO MAR”

  • O certame literario X.C. GÓMEZ ALFARO“HOMES E MULLERES DO MAR”, titularidade de esta entidade,  ten como finalidade e xestionar, difundir e fomentar o interese cultural e social organizado por ORPAGU no ámbito das súas competencias.

  • Se o desexan, poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose á oficina de Orpagu en A Guarda, calle Manuel Álvarez, número 16 – baixo.

 

 

 

Información del Organizador

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies