¡Instala el Widget de Concursos para ver los concursos directamente desde tu web o blog!

III Concurso de Relatos “Homes e Mulleres do Mar”

  •   Concursos
  •    Infantil y Juvenil
  •   España
  •    30/04/2018

Detalle

Género:
Infantil y Juvenil
Convocantes:
Organización de Productores Palangreros Guardeses
Pueden Participar:
Residentes de la Comunidad Autónoma de Galicia
Premio Detalle:
Tablet, galardon y lote de libros de la Editorial Galaxia
Fecha de Cierre:
30/04/2018

Bases

III CONCURSO DE RELATOS “HOMES E MULLERES DO MAR”

A Organización de Productores Palangreros Guardeses en colaboración con la Editorial Galaxia, con desexo de promocionar a literatura galega e iniciar aos mais cativos no mundo literario, convoca a terceira edición do CONCURSO DE RELATOS “HOMES E MULLERES DO MAR”.

Este premio poderá ser alcanzado por todos os autores e autoras cun relato curto escrito en lingua galega concorde coa idade, tema e valores sinaladas nas bases do concurso excepto as persoas gañadoras de edicións anteriores.

IDADE

Ø  De 10 a 12 anos.

TEMA

Ø  “Homes e mulleres do mar”

PARTICIPANTES

Ø  Nenos e nenas de 10 a 12 anos de toda Galicia.

Ø  As persoas premiadas non poderán ser premiadas en dúas edicións consecutivas.

MODALIDADE E CATEGORÍAS DOS RELATOS

Ø  Unha única modalidade na que inclúa o idioma Galego.

Ø  Cada participante so poderá presentar un escrito.

Ø  Os traballos presentados terán unha extensión mínima de dous folios e máxima de seis.

Ø  Formato habitual (Arial 11) a dobre espazo e por unha sola cara (en formato papel).

Ø  Deberán ser orixinais e inéditos, polo que non se terán en conta aqueles que se haxan presentado e premiados en outros concursos.

Ø  Os traballos presentados deberán ser de ficción, polo que o xurado non admitirá ensaios ou redacción sobre o tema proposto.

ENTREGA DOS RELATOS

Ø  Os relatos en formato papel presentaranse na oficina da Organización de Palangreiros Guardeses (OR.PA.GU.) na dirección calle Manuel Álvarez, 16 (baixo), C.P.36780 A Guarda (Pontevedra) en horario de 09.00 h a 15.00 horas de luns a venres.

Ø  Os relatos entregaranse en formato papel dentro dun sobre cerrado, POR TRIPLICADO e sen asinar.

Ø  Axuntarase outro sobre cerrado que conterá no seu interior nome e apelidos, idade, dirección, correo electrónico e teléfono do autor.

Ø  No exterior de ambos sobres deberá constar a referencia do concurso “Homes e mulleres do Mar” e titulo da obra.

PRAZO DE ADMISIÓN

Ø  Dende o 01 de Abril ata o 30 de Abril.

PREMIOS

Ø  Unha Tablet, un galardón e un lote de libros da Editorial Galaxia.

Ø  A entrega do premio será nun acto que se celebrará o día 02 de Xuño do 2018.

XURADO

Teremos o privilexio de contar cos seguintes escritores, que valorarán a orixinalidade que propoñan os relatos presentados, así como un estilo e calidade narrativa.

Sonia Mirón. Profesora de Lingua e Literatura na ESO e titora na UNED. Gañadora dun accésit na categoría de relatos curtos no premio “Leopoldo Alas” (2005) e publicou varios microrelatos en antoloxía. Tamén e autora de varias entrevistas e reseñas para diferentes publicacións.

Francisco Castro Veloso: Director da Editorial Galaxia, escritor e gañador de varios premios como son Frei Martín Sarmiento, 13º Premio de Novela por Entregas de a La Voz de Galicia, Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo Domínguez, Mellor libro infantil para os lectores da web Fervenzas Literarias, finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil no 2007, Premio García Barros no 2007, Premio Blanco Amor no 2006, Premio Modesto R. Figueiredo de narracións breves no 2005, Premio Rosa Reboredo de Narrativa da Asociación Cultural Galega de Cornellà no 2005, Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela, Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 1997.

Fátima Pérez Sobrino: Filóloga hispánica da localidade de A Guarda.

FALLO

Ø  Será publicado o día 14 de Maio do 2018, na páxina web da Organización de Palangreiros Guardeses (http://www.orpagu.com)

OBSERVACIÓNS

Ø  Para calquera consulta sobre o concurso ou as súas bases, pode dirixirse a seguinte dirección de correo electrónico: [email protected]

Ø  A Organización reservase os dereitos de reprodución gratuíta dos relatos presentados, citando sempre o nome e apelidos do autor ou autora.

Ø  As obras serán validadas pola organización do concurso, reservándose o dereito de non facer públicas aquelas obras que se consideren non adecuadas ao espírito do concurso por diversos motivos, como pode ser por contido ofensivo.

Ø  As obras non premiadas serán arquivadas ou destruídas pola Organización, garantindo así que non se fará ningún uso indebido do seu contido. Se o autor/a o indicase expresamente no momento da inscrición, devolverase a súa copia.

Ø  O feito de participar supón a total aceptación das presentes bases, así como a decisión do xurado.

Ø  A Organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas bases.

Ø  A Organización de Palangreiros Guardeses, en cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informa que os datos persoais que Vd. nos proporciona, serán engadidos no ficheiro “CONCURSO DE RELATOS HOMES E MULLERES DO MAR”, titularidade de esta entidade, que a finalidade e xestionar, difundir e fomentar o interese cultural e social organizado por ORPAGU no ámbito das súas competencias.

Ø  Se o desexan poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose á oficina de Orpagu en A Guarda, calle Manuel Álvarez, número 16 – baixo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies